|
 |
Tratamento Esclerosante de Varices
As veas varicosas son veas, algunhas superficiais, outras profundas, de aspecto dilatado e tortuoso, que se forman por mal funcionamento das válvulas das veas ou por hipertensión venosa. As varices primarias débense a defectos na arquitectura venosa e as secundarias teñen a súa orixe na lesión do sistema venoso.
Para previr tanto a aparición das varices como a recurrencia das mesmas é importante entender que o proceso de aparición de veas várices nas pernas obedece a múltiples factores: xenéticos, posturales, obesidade,
hipertensión, etc. Polo tanto, o exercicio, sobre todo camiñar, o uso de medias con gradientes de presión e a redución de peso, son algunhas das medidas que poden aliviar a situación.
A Escleroterapia consiste en inxectar dentro da luz da vea unha sustancia esclerosante que ocasiona unha inflamación local controlada coa consecuente fibrosis e peche da variz.
|
 |