|
 |
Inn e Iang
Menciónanse por primeira vez no libro das mutacións, libro que se orixina na escola inn-iang, escola anterior a Confucio. Significan literalmente: a vertente da montaña que dá a a sombra e a vertente que dá ao sol, respectivamente. A filosofía chinesa estendeu o emprego destes termos a toda a natureza, mostrando que o principio de oposición está en todas partes e que é, por así dicilo, a orixe de toda manifestación, a cal, á súa vez, contén ambos os principios en composición variable sobresaíndo un temporalmente, para dar
lugar ao predominio do contrario. Luz - sombra, quente - frío, día - noite... os fenómenos naturais mostran a alternancia inn-iang e tamén mostran o mecanismo que opera no seu interior: iang contén a inn, inn contén a iang. Cada un ten ao seu oposto dentro de si. O oposto crecerá ata destruír ao seu hóspede: inn transformouse en iang. E nese momento comeza o proceso inverso... Volver
|
 |